As persoas que integran a Comisión de Calidade son elementos claves no desenvolvemento dos programas de calidade do centro. Ademais da súa participación activa nas funcións específicas da comisión, deben ser axentes dinamizadores da xestión da calidade no centro.

Composición (desde 04/12/2023)

Cargo Nome
Presidenta Alonso Prieto, Elena M. (Directora)
Secretario García Lomba, Guillermo (Coordinador de Calidade)
Coordinación dos títulos – Feijóo Vázquez, Iria (Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos)
– Deive Herva, Francisco Javier (Grao en Enxeñaría da Enerxía)
– Rodríguez Rodríguez, Ana (Máster en Enxeñaría de Minas)
– Araújo Fernández, María (Máster en Xestión Sostible da Auga)
Enlace de Igualdade Fernández Manín, Generosa
Coordinadora do PAT/PIUNE Domínguez Santiago, Ángeles
Rep. do PDI Pérez Orozco, Raquel
Rep. dos departamentos con docencia no centro Eguía Oller, Pablo
Rep. do estudantado de grao 1 Cárdenas Corral, Martina
Rep. do estudantado de grao 2 Salgado Díaz, Mateo
Rep. do estudantado de mestrado Franco Sardinha, Amanda
Rep. do estudantado titulado Rico Fuentes, Juan Jesús
Rep. da administradora do centro Romo Pérez, Mª Carmen
Rep. da sociedade – López González, Diego (titular)
– Álvarez Zaragoza, Luisa (suplente)

 

Funcións

  • Debater e validar se procede a proposta da política e os obxectivos de calidade.
  • Debater e validar se procede a proposta do manual de calidade e os procedementos do SGIC do centro.
  • Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade no centro e titulacións adscritas, así como propoñer as melloras pertinentes.
  • Colaborar coa implantación, desenvolvemento e seguimento do SGIC.
  • Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da docencia en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos departamentos e outros órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.
  • Participar activamente en todos os procesos académicos relativos á oferta formativa do centro (novas titulacións, modificación, suspensión ou extinción das existentes), elaborando un informe valorativo se o consideran oportuno ou é procedente de acordo coa normativa vixente.
  • Intercambiar, debater e propoñer a participación do centro en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade.

 

Actas