A creación da Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME) viña prevista no Plan de política Lingüística da Universidade de Vigo aprobado no ano 2004. A CNL da Escola forma parte da organización xeral da Universidade en materia de política lingüística. Polo tanto, debe velar porque se cumpran as condicións necesarias para que non se vulneren os dereitos das persoas que queiran empregar o galego en todos os contextos que se poidan dar dentro da Escola, así como procurar o fomento do uso da lingua, sobre todo, naqueles ámbitos onde esta teña menos presenza.

Composición (18/02/2026)

Representante dO Equipo Directivo

    • Raquel Pérez Orozco

Representante dO PAS dO centro

  • Paulo Cabral Pereira

Representantes dO PDI dO centro

  • Feijóo Vázquez, Iria
  • Gómez Barreiro, Silvia
  • Pérez Rey, Ignacio
  • Ricoy Alonso, Juan

Representantes da Delegación de Alumnado

  • López Bértolo, Javier
  • Porto Cambeiro, Aimara

Funcións

Recoller datos que permitan dispormos dunha diagnose actualizada da realidade lingüística da EME. Propor actuacións e definir obxectivos conducentes a unha maior presenza da lingua galega na EME. Canalizar os intereses e as preocupacións dos membros da escola sobre calquera aspecto da normalización lingüística (queixas, suxestións…).

Difundir información e recursos na EME que ofrece a Universidade de Vigo e que resultaren de interese para a difusión da lingua galega (materiais da ANL, cursos ou xornadas de formación…). Fomentar a coordinación con outras comisións para o intercambio inter ou intrauniversitario de experiencias normalizadoras.

Publicacións

Facendo clic na imaxe descárgase a publicación. [PDF, 1.1MB]

Glosario de Ciencia e tecnoloxía dos materiais

Este glosario xorde coa finalidade de servir como ferramenta de apoio ao estu- dantado preuniversitario que se inicia no ámbito da ciencia e da tecnoloxía de materiais, especialmente en titulacións de enxeñaría. Ao longo do proceso de aprendizaxe desta disciplina é habitual atoparse cunha terminoloxía específica, ampla e en moitos casos nova, que pode dificultar a comprensión dos conceptos fundamentais e a súa correcta aplicación no estudo dos materiais.

A motivación desta recompilación reside na necesidade de ofrecer un recurso claro, ordenado e accesible que facilite a familiarización cos termos máis relevantes da disciplina. Procúrase, deste xeito, favorecer unha aprendizaxe máis autónoma e progresiva, permitíndolle ao alumnado reforzar os coñecementos adquiridos nas sesións docentes e consolidar unha base conceptual sólida que facilite o avance en contidos de maior complexidade.