Conforme á Lei orgánica de universidades 6/2001, de 21 de decembro, á Lei orgánica 4/2007, de 12 de abril que modifica a anterior, aos Estatutos da Universidade de Vigo, ao Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo e demais normativas vixentes, procédese a convocar eleccións a director/a da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de acordo co calendario que se indica de seguido:

Calendario electoral

 

Proceso Data
Publicación do censo provisional 29 de xuño de 2026
Prazo de presentación de reclamacións ao censo provisional 30 de xuño e 1 e 2 de xullo de 2026
Publicación do censo definitivo 3 de xullo de 2026
Prazo de presentación de candidaturas [Modelo de candidatura] 6, 7 e 8 de xullo de 2026
Proclamación provisional de candidaturas 10 de xullo de 2026
Prazo de presentación de reclamacións á lista provisional de candidaturas 13, 14 e 15 de xullo de 2026
Proclamación definitiva de candidaturas 16 de xullo de 2026
Votación en Xunta da Escola Extraordinaria 22 de xullo de 2026