Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía traballamos na prioridade da Universidade de Vigo de impulsar unha cultura da igualdade e de inclusión, para conseguir que todas as persoas que conforman a comunidade universitaria poidan desenvolver a súa actividade con dignidade e nun espazo inclusivo e libre de violencias de xénero.
Todas as políticas encamiñadas a conseguir ese obxectivo xéstanse na oficina da Unidade de Igualdade (www.uvigo.gal/campus/igualdade). Todos os centros da UVIGO teñen un enlace de igualdade, unha persoa que actúa de vínculo entre o alumnado, PDI e PAS dos centros e a Unidade. Neste centro, o enlace de igualdade é María Pazo Rodríguez, profesora da Escola.
- 8 de marzo de 2026: Día Internacional da Muller.
1) O lema deste ano na ONU é “Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as Mulleres e Nenas”. [Ver información na web da ONU].
2) Na UVigo o lema é “Xeracións en simbiose: unidas polos nosos dereitos”. [Ver toda a información no DUVI]. Este ano o acto institucional celébrase o 5 de marzo ás 12:00h na Sala 1 do edificio Miralles.
3) Na Escola faremos o día 17 de marzo a entrega dos premios do Concurso fotográfico Mulle_Rme 2026.
- Do 2 ao 9 de marzo: EnerXIKAS. III Xornadas de mulleres STEM para escolares. [Máis información na ficha deste evento]. A nosa Escola colabora con EnerXIKAS, xornadas que se celebrarán nos CEIPs do Concello de Redondela.
- 11 de febreiro: Elas Fan CienTec – Día Internacional da Muller e a niña na Ciencia. [Máis información na ficha deste evento]. A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e a Unidade de Cultura Científica da UVigo organizan as actividades relacionadas coa celebración deste día internacional no noso centro.
- 26 setembro de 2025: III Xornada A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais
Novas e eventos relacionados coa Igualdade

Celebración do Día Internacional da Muller: Entrega de premios de Mulle.RME
17 de marzo
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

EnerXIKAS. III Xornadas de mulleres STEM para escolares
Do 2 ao 9 de marzo

Concurso fotográfico Mulle.RME 2026
Até o venres 20 de febreiro
Escola de Enexeñaría de Minas e Enerxía

Elas Fan CienTec – Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Mércores 11 de febreiro

III Xornada “A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais”
Venres 26 de setembro de 2025