As persoas que integran a Comisión de Calidade son elementos claves no desenvolvemento dos programas de calidade do centro. Ademais da súa participación activa nas funcións específicas da comisión, deben ser axentes dinamizadores da xestión da calidade no centro.

Composición (desde 17/12/2021)

Cargo Nome
Presidenta Elena M. Alonso Prieto (Directora)
Secretario Guillermo García Lomba (Coordinador de Calidade)
Coordinación dos títulos María Araújo Fernández (Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos)
Francisco Deive Herva (Grao en Enxeñaría da Enerxía)
Ana Rodríguez Rodríguez (Máster en Enxeñaría de Minas)
Enlace de Igualdade Generosa Fernández Manín
Rep. do PDI Elena González Rodríguez
Rep. do estudantado Carmen Filgueira Sánchez
Representante do PAS Mª Carmen Romo Pérez
Rep. dos egresados/as Luisa Álvarez Zaragoza
Rep. da sociedade Diego López González
Representante da UTC Raquel Gandón Chapela

 

Funcións

  • Debater e validar se procede a proposta da política e os obxectivos de calidade.
  • Debater e validar se procede a proposta do manual de calidade e os procedementos do SGIC do centro.
  • Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade no centro e titulacións adscritas, así como propoñer as melloras pertinentes.
  • Colaborar coa implantación, desenvolvemento e seguimento do SGIC.
  • Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da docencia en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos departamentos e outros órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.
  • Participar activamente en todos os procesos académicos relativos á oferta formativa do centro (novas titulacións, modificación, suspensión ou extinción das existentes), elaborando un informe valorativo se o consideran oportuno ou é procedente de acordo coa normativa vixente.
  • Intercambiar, debater e propoñer a participación do centro en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade.

 

Actas