A temática do concurso de fotografía Mulle.RME é a visibilidade da muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía: xeración, transformación, transporte e uso de enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e rocas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación e uso de materiais, explosivos etc.
A decisión do xurado será publicada na páxina web da EME e comunicada por email aos participantes. As fotografías gañadoras exporanse temporalmente no vestíbulo da EME xunto coas do resto de participantes.
A entrega de premios e o acto de inauguración da exposición temporal das fotografías terá lugar durante as xornadas previstas para a celebración do día internacional da muller no vestíbulo da Escola.
Bases de participación
1.º As imaxes deben ser orixinais e deberán amosar situación, paisaxes ou circunstancias relacionadas coas actividades anteriormente citadas e nas que a muller se presenta como protagonista activa ou polo contrario, nas que se poña de manifesto a masculinización da actividade.
2.º Admítense obras en branco e negro e en color, realizadas mediante calquera técnica fotográfica. Non está permitido o emprego de ferramentas de IA xerativa para a creación das obras.
3.º Admitiranse un máximo de 3 obras orixinais por autor/a, aínda que soamente unha delas poderá ser premiada.
4.º As fotografías poderanse enviar en formato dixital a eme@uvigo.gal ou a través dun programa de transferencia de arquivos a eme@uvigo.gal. No email indicarase: título, autores e descrición en 3 liñas da fotografía coa adecuación á temática do concurso.
5.º A data límite de recepción de fotos será o 20 de febreiro de 2026 ás 23:59 h. Calquera fotografía recibida despois desta data non poderá participar neste concurso.
6.º A participación no concurso implica a plena aceptación destas bases.
Premios
Os premios do concurso serán os seguintes:
– Primeiro premio: 300 € + diploma
– Segundo premio: 150 € + diploma
Toda a información na páxina do concurso: