A temática do concurso Mulle.RME 2027 “A muller na profesión da Enxeñaría de Minas e Enerxía” é a visibilidade da muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía: xeración, transformación, transporte e uso de enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e rocas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación e uso de materiais, explosivos etc.
Prazo
A data límite de recepción de fotos será o 21 de febreiro de 2027 ás 23:59 h. Calquera fotografía recibida despois desta data non poderá participar neste concurso.
Premios
Os premios do concurso serán os seguintes:
– Primeiro premio: 300 € + diploma
– Segundo premio: 150 € + diploma
Os premios estarán suxeitos á retención da porcentaxe de IRPF que corresponda.
Toda a información no folleto que se pode descar desde a zona gris de máis arriba.
