Celebración do Día Internacional da Muller: Entrega de premios de Mulle.RME

Etiquetas

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía celebra o Día internacional da Muller (8M) o 17 de marzo coa entrega dos premios do Concurso fotográfico Mulle.RME 2026.

Tamén, dentro da celebración do día internacional, a Escola acollerá unha exposición de mulleres científicas do ámbito tecnolóxico e industrial creada polo centro CINTECX e asociación AIMEN, na que a través de ilustracións, fotografías e frases inspiradoras, dá a coñecer a traxectoria de vinte e sete investigadoras, visibilizando o seu traballo e ofrecendo referentes que contribúan a motivar ás novas xeracións e a promover unha ciencia libre de estereotipos.

A exposición tamén pode consultarse nas páxinas de Igualdade do CINTEX.