O 22 de decembro de 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas estableceu este Dia Internacional, comemorado anualmente, para recoñecer o papel fundamental exercido polas mulleres e polas nenas na ciencia e na tecnoloxía.
O Dia Internacional de Mulleres e Nenas na Ciencia, está promovido pola UNESCO e pola ONU-Mulleres, en colaboración con institucións e colaboradores da sociedade civil. É una oportunidade para promover, de forma plena e igualitaria, o acesso á ciencia e a tecnoloxía e a participación de mulleres e nenas nesas áreas.
Na nosa Escola, o 11 de febreiro, realizaranse obradoiros para rapazas de secundaria, mais convidando tamén a rapaces. Participarán catro centros educativos. Os obradoiros son: EnerXIKAS, unha xincana «The She-Cience Games: Catching Fire» e o quebracabezas “mineral-metal-aplicación”.
O evento está organizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Unidade de Cultura Científica e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
Podes ver o programa xeral de “Elas Fan CienTec” premendo no botón de “Folleto” na zona gris de máis arriba.