Obradoiro “Sociedade dixital e xénero”

Hackeando o patriarcado

Neste obradoiro imos analizar a escasa presenza das mulleres nas carreiras STEM, tanto na universidade coma nos postos de traballo; e imos estudar tamén as distintas manifestacións do denominado «machismo dixital» e a súa repercusión nos videoxogos, os memes, os wikicontidos enfocados ao androcentrismo, os asistentes de voz, os algoritmos co sesgo de xénero, as actitudes misóxinas nas redes, e as censuras de contidos feministas ou de certas partes do corpo das mulleres.

Inscricións abertas
986 813 419
igualdade04@uvigo.es
Formulario