Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia na Universidade de Vigo

ELAS FAN CIEN TEC + EXXPERIMENTA EN FEMININO

As mulleres estamos a cambiar o mundo. Conseguimos mudar as formas de mirar e de investigar. Agora vemos e vémonos.

Un grupo de docentes e de investigadoras, xunto coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, organiza nos campus de Vigo e de Ourense os obradoiros «Elas fan CienTec 2020» e «Exxperimenta en feminino» para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. O obxectivo é darlle visibilidade ao traballo das mulleres nestes eidos, crear roles femininos no campo da ciencia e da enxeñaría, e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero. Estas actividades están dirixidas a alumnado de 3.º e 4.º de educación secundaria obrigatoria e de 1.º e 2.º de bacharelato.

Ademais, ao longo deste mes, un total de 26 investigadoras e un investigador da Universidade de Vigo acudirán a 29 centros educativos de Galicia para ofrecer 41 charlas e actividades sobre o seu traballo, e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. Estas enmárcanse na iniciativa do 11 de febreiro que se organiza no ámbito nacional con motivo desta efeméride.

ELAS FAN CIEN TEC

Dentro destas actividades, coa colaboración da Unidade de Cultura Científica e da Innovación, organízanse no campus de Vigo varios obradoiros impartidos por persoal da Escola de Enxeñaría Industrial, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, así como no Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) e o Centro de Investigación Mariña (CIM).

Campus de Vigo

  • Data: martes 11 de febreiro de 2020
  • Hora: 9.30 a 13.30 h

ELAS FAN CIEN TEC

III Xornada de divulgación en ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas con motivo do 11 de febreiro Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Campus de Ourense

  • Data: mércores 12 de febreiro de 2020
  • Hora: 9.30 a 19.00 h
  • Lugar: Edificio Politécnico