Pérez Pérez, Mª del Carmen

Pérez Pérez, Mª del Carmen
Catedrático/a de universidade

Área de Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica

Departamento de Ingeniería de los Materiales, Mecánica Aplicada y Construcción

Currículo

Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1989. Doutora en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998. A súa incorporación a Universidade de Vigo foi no ano 1992 e dende o ano 2000 é Profesora Titular na Universidade de Vigo. A súa liña de investigación céntrase no estudo dos fenómenos de corrosión e a súa prevención. É coautora de máis de 40 publicacións (artigos recollidos no Science Citation Index e capítulos de libros) e participou en máis de 80 congresos. Participante en máis de 25 proxectos de investigación (en 6 deles sendo a Investigadora Principal) e máis de 15 contratos con empresas. É coautora dunha patente. Realizou dúas estadías no estranxeiro (24 meses en USA e 3 meses en Italia). Dirixiu 2 Teses de Doutoramento e máis de 30 Traballos Fin de Máster, Traballos Fin de Grao, DEA e Proxectos Fin de Carreira. Subdirectora da EME. Información máis detallada da súa actividade científica atópase en: http://goo.gl/6qzaNs ou http://goo.gl/ddLdSh

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial

As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

986 812 603
cperez@uvigo.es