No caso do Cintecx a xornada de portas abertas arrancou cunha pequena presentación sobre o centro, para xa logo meterse de cheo nos obradoiros, tres talleres organizados polo propio persoal investigador con actividades moi visuais e prácticas para que os estudantes se puidesen facer unha idea, non só do tipo de actividades que se levan a cabo no Cintecx, senón tamén de como a tecnoloxía axuda a lograr unha sociedade industrial e sostible comprometida coa conservación do planeta.
Divididos en grupos asistiron a un taller de combustión, bautizado como Combustión: The Sci-Ence Games, no que, guiados pola investigadora do Grupo de Tecnoloxía Enerxética Raquel Orozco, puideron aprender dende os conceptos máis simples (como se produce a D-2 reactivos, produtos, etc.) ata a súa aplicación a sistemas complexos e reais como motores de combustión, plantas de xeración de enerxía, etc. No segundo obradoiro, Intelixencia artificial: Érase una vez un mundo de datos, a investigadora Ana Larrañaga, tamén do grupo GTE, explicoulles dun xeito interactivo a aplicación destas novas tecnoloxías ao mundo da enxeñaría. Neste caso, as mozas e mozos participantes tiveron que resolver un problema de visión artificial e aprenderon a importancia da compilación de datos, desenvolvendo a súa capacidade resolutiva e súa imaxinación.