Un cento de persoas morreron mentres traballaban nas estradas españolas en cinco anos (2015-2019), dos que a metade eran operarios de conservación e mantemento das mesmas. Estes falecementos súmanse ás mortes nas estradas, moitas delas derivadas do mal estado destas infraestruturas. É por isto que no marco da convocatoria H2020 a Comisión Europea puxo un marcha unha liña que pretende abordar os problemas das estradas e, concretamente, dos tramos en obras asociados a estas. Entre os proxectos aprobados neste programa está Infra-Rob, unha iniciativa internacional liderada pola Universidade de Vigo que ten como finalidade empregar solucións robotizadas autónomas para o mantemento da integridade, o rendemento e a seguridade das infraestruturas viarias.
O grupo GeoTECH, Xeotecnoloxías Aplicadas, lidera un consorcio de 18 socios de oito países (España, Portugal, Italia, Bélxica, Alemaña, Austria, Suíza e Dinamarca) do que forman parte tanto universidades como empresas, centros tecnolóxicos, consultoras e mesmo corporacións de autopistas e autovías e asociacións de profesionais de seguridade viaria. A finalidade é empregar a robótica para reducir a sinistralidade existente en tramos de obras, tanto dos propios traballadores como dos condutores que circulan por esta vías. O proxecto ten unha duración de 42 meses, con inicio previsto en setembro de 2021, e un orzamento de 5 millóns de euros, dos que 860.000 quedan na Universidade de Vigo.
Ler a nova completa no DUVI.