O futuro decídese no campus

Etiquetas

Tras abrir á sociedade os campus de Ourense e Pontevedra ao longo desta semana, hoxe xoves foi a quenda de Vigo, que acolleu as Xornadas de Portas Abertas destinadas ao futuro alumnado universitario. Esta iniciativa ten como obxectivo amosar a oferta académica e innovadora da Universidade de Vigo ao que é o seu potencial alumnado, mozos e mozas de educación secundaria que teñen que perfilar cara onde queren encamiñar a súa vida universitaria.

A xornada arrancou cunha charla xeral da man do Servizo de Información ao Alumnado sobre os procesos de preinscrición e matrícula, que para o alumnado se Secundaria resultan completamente alleos. Posteriormente a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, fixo unha presentación da oferta académica dos tres campus dividida por ámbitos, ao tempo que repasou as bolsas e axudas ás que poden acceder así como as instalacións coas que conta a Universidade, como residencias, as bibliotecas, centros deportivos, etc. Caparrini tamén lembrou que existe un proxecto para facer de Baiona un campus residencial e destacou, principalmente, as posibilidades de realizar prácticas en empresas, tanto curriculares como extracurriculares. “Na actualidade temos convenios con miles de empresas que permiten que tres de cada catro dos nosos titulados fagan prácticas”. Ademais, de cara á súa incorporación e adaptación á etapa universitaria, a institución conta cun programa de mentorización a través do cal o alumnado dos últimos cursos se converte en mentores ou anfitrións dos estudantes de novo ingreso.

Ler a noticia completa no DUVI