A fase nacional desta olimpíada celébrase na nosa Escola o día 21 de marzo. Entregaranse premios individuais e tamén por equipos, aínda que o maior deles será formar parte do conxunto que participe na fase internacional. Os catro equipos que consigan mellores resultados en Vigo conformarán esa selección que competirá na final que se celebra en Turín (Italia) do 20 ao 27 de agosto. Alí enfrontaranse ás seleccións de máis de 30 países.

Máis información

Bases, programación e todos os datos relacionados con este evento na web da “Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra”

IR Á WEB DA AEPECT

 


Novas e eventos relacionadas coa Olimpíada de Xeoloxía