O xoves 4 de febreiro de 2026 celebrarase a Fase Galega da XVII edición da Olimpíada de Xeoloxía. Este ano levarase a cabo de xeito simultáneo en catro sedes: no Xeoparque de Cabo Ortegal, en Monforte de Lemos, en Santiago de Compostela e en Vigo. A sede de Vigo é a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
O prazo para a inscrición estivo aberto até o 19 de decembro de 2025.
A XVII Olimpíada de Xeoloxía é una actividade organizada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), la Sociedad Española de Geología e o Colexio Oficial de Xeólogos.
A Fase Galega conta nesta edición coa colaboración da Consellería de Educación, das Facultades de Bioloxía da USC, de Ciencias da UdC, e da Escola de Enxeñaría Minas e Enerxía da UVigo, así como do Concello de Monforte de Lemos, da Deputación de Lugo e do Xeoparque do Cabo Ortegal.
A preparación de alumnado para esta fase da Olimpíada de Xeoloxía, está recoñecida con 15 horas de innovación e/ou investigación educativa para o profesorado, 25 horas máis no caso de pasar á fase española.
Toda a información na páxina do evento
IR A AEPECT GALICIA