MINERXÍA

É a nova revista da Escola, unha canle de comunicación na que facemos un resumo das actividades máis relevantes nas que participamos como organizadores ou colaboradores.

Nela falamos das actividades da Escola, da investigación, da igualdade no centro, da mobilidade do estudantado, dos concursos e as actividades, ademais de presentar a Escola, os nosos graos e os nosos estudos.

 

MATERIA PRIMA

Coincidindo coa celebración da nosa patroa, Santa Bárbara, en novembro de 2022 presentamos o primeiro número de “Materia Prima”, boletínque está chamado a ser un lugar de encontro entre persoas egresadas, alumnado actual e futuro estudantado da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

Edítase cunha frecuencia de 3 ou 4 números por ano. Procuramos facer unha publicación amena con entrevistas e datos de interese sobre os estudos, o desempeño profesional e outro tipo de actividades do antigo estudantado da escola.