Acto de graduación 2023

acto graduacion 2023

O venres 16 de xuño de 2023 celebrouse no Paraninfo da Universidade de Vigo, o acto de gradación das décimas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e da oitava promoción do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Dª Natalia Caparrini, a concelleira de I+D e Dinamización Administrativa do concello de Vigo, Dª. Ana María Mejías Sacaluga, a secretaria do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, Dª. Luz María San Pelayo Pérez, o Decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, D. Juan José Fernández e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Dª Elena Alonso. D. Eduardo Liz e Dª Marta Cabeza actuaron como padriños das promocións de grao e mestrado, respectivamente. A lección maxistral foi impartida por D. Adrián Pérez Solla, delegado comercial de Ecoforest no Reino Unido, e D. Rodrigo Martín Pazos, falou en nome do alumnado de grao, mentres que D. Óscar Pereiro Fuentes representou ao alumnado de máster. Neste acto, a empresa SOLTEC entregou un premio ao mellor expediente da oitava promoción do grao en Enxeñaría da Enerxía, e os Ilustres Colexios Oficiais de Enxeñeiros técnicos de Minas e de Enxeñeiros de Minas do Noroeste entregaron os premios aos mellores expedientes do grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (novena promoción) e do Máster en Enxeñaría de Minas (quinta e sexta promoción), respectivamente. Tras o acto académico gozouse dun petisco na azotea da biblioteca central, amenizado por un grupo musical de exalumnos da EME.


Acto de graduación 2022

acto graduacion 2022

O venres 17 de xuño de 2022 celebrouse no Paraninfo da Universidade de Vigo, o acto de gradación das novenas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e da sétima promoción do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Dª Natalia Caparrini, o alcalde da cidade de Vigo, D. Abel Caballero, o decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, D. Juan Carlos Morán, o Decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, D. Juan José Fernández e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Dª Elena Alonso. D. Alejandro Molares e Dª Xenerosa Fernández actuaron como padriños das promocións de grao e máster, respectivamente. A lección maxistral foi impartida por D. J. Ignacio Rodríguez, Director do Departamento de Enerxía en INEGA, e Dª Marta Caride e D. Iván Montenegro falaron en nome do alumnado de grao, mentres que Dª. Laura Andrés e D. Juan Fernández representaron ao alumnado de mestrado. Neste acto, a empresa SOLTEC entregou un premio ao mellor expediente da oitava promoción do grao en Enxeñaría da Enerxía, e os Ilustres Colexios Oficiais de Enxeñeiros técnicos de Minas e de Enxeñeiros de Minas do Noroeste entregaron os premios aos mellores expedientes do grao de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (oitava promoción) e do Máster en Enxeñaría de Minas (quinta e sexta promoción), respectivamente. O acto académico contou coa actuación do grupo musical PÄRBO.


Acto de graduación 2021

acto graduacion 2021

O venres 18 de xuño de 2021 celebrouse no auditorio da Sede Afundación Vigo, o acto de graduación das oitavas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e da sexta promoción do Mestrado universitario en Enxeñaría de Minas. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes de Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, o alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de I+D e dinamización administrativa de Vigo, Ana Mejías e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Elena Alonso. Tamén deron os seus discursos os padriños, Eduardo Liz, padriño da VIII promoción do Grao en Enxeñaría da Enerxía e Carlos Martínez, padriño da VIII promoción do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e da VI promoción do Máster en Enxeñaría de Minas. Contouse coa participación dos representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas). O acto académico foi acompañado pola actuación do grupo musical PÄRBO.


Acto de graduación 2019

acto graduacion 2019

O venres 28 de xuño celebrouse no auditorio da Sede Afundación Vigo, o acto de graduación das sextas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das cuartas promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. No acto, os 33 alumnos dos graos e os 13 do máster en Enxeñaría de Minas recibiron as súas distincións. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes de Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas), o delegado territorial da Xunta de Galicia, a concelleira de I+D e dinamización administrativa do Concello de Vigo e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Patricia Durany Fernández, egresada do centro ofreceu unha lección maxistral.


Acto de graduación 2018

Acto de graduación 2018

O venres 6 de xullo celebrouse o acto de graduación das quintas promocións dos Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das terceiras promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. O evento celebrouse no Teatro Afundación. 78 novos profesionais do eido da minería e da enerxía finalizan os seus estudos.


Acto de graduación 2017

Acto de graduación 2017

O venres 7 de xullo celebrouse no Teatro Afundación o acto de graduación das cuartas promocións do Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das segundas promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. No mesmo acto celebrouse o 25 aniversario da titulación de Enxeñaría de Minas na Universidade de Vigo coa entrega de distincións as principais empresas colaboradoras coa escola e tamén aos mellores profesores.


Acto de graduación 2016

Acto de graduación 2016

O venres 8 de xullo celebrouse o acto de graduación das terceiras promocións do Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das primeiras promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. 115 alumnos e alumnas conforman as catro promocións que hoxe recibiron os seus diplomas e insignias, nun acto celebrado no auditorio da sede Afundación.


Acto de graduación 2015

Acto de graduación 2015

No acto de graduación do 10 de xullo recibiron as súas bandas un total de 62 estudantes, 12 de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e 50 de Enxeñaría da Enerxía, que puxeron punto e final ao programa de actos de graduación deste curso na Universidade de Vigo.


Acto de graduación 2014

Acto de graduación 2014

O 11 de xullo celebrouse o acto de graduación das titulacións da EME, unha data especial na que coincidiu a despedida aos 33 alumnos da última promoción de Enxeñaría de Minas, co adeus ou ata logo aos titulados e tituladas dos novos graos de Enxeñaría da Enerxía (34); de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos(22) e do V Mestrado en Tecnoloxía Medioambiental (11).


Acto de graduación 2013

Acto de graduación 2013

A EME celebrou o venres 12 de xullo o acto de graduación de 23 novos titulados e tituladas, integrantes da XVI promoción da escola, de 18 alumnos do mestrado en Tecnoloxía Medioambiental e os 19 do mestrado en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble.


Orlas de anos anteriores

Enxeñaría de Minas
2012 | 2011 | 2009 | 2007 | 2006 | 2005 | 2004 | 2003 | 2002 | 2001 | 2000 | 1999 | 1998 | 1997