Acto de graduación 2024
O venres 21 de xuño de 2024 celebrouse no Paraninfo da Universidade de Vigo o acto de gradación das undécimas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, así como da novena promoción do #Máster Universitario en Enxeñaría de Minas. O evento estivo presidido polo Vicerreitor de Profesorado e Ordenación Académica, Don Martín López Nores; o Alcalde de Vigo, Don Abel Caballero Álvarez; a Vicepresidenta do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, Dona Miriam Couso Pérez; o Decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, Don Juan José Fernández Díaz; e a Directora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, Dona Elena Alonso Prieto. Don Francisco Javier Deive Herva e Dona Xenerosa Fernández Manín actuaron como padriños das promocións de grao e #máster, respectivamente.
A lección maxistral foi impartida por Dona Nuria Mouronte Baltar, consultora en xestión de proxectos en Zabala Innovation Consulting. Dona Ana Portas Vasco e Javier Dopico Alfonsín falaron en nome do alumnado de grao. Neste acto, a empresa SOLTEC entregou un premio ao mellor expediente da décima promoción do Grao en Enxeñaría da Enerxía, e os Ilustres Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos de Minas e de Enxeñeiros de Minas do Noroeste outorgaron os premios aos mellores expedientes do Grao en Enxeñería dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (décima promoción) e do #Máster en Enxeñaría de Minas (oitava promoción), respectivamente.
O acto estivo amenizado polo grupo musical de Carmen Rosende, e tras a súa finalización, ofreceuse un aperitivo na azotea da biblioteca central.
Acto de graduación 2023
O venres 16 de xuño de 2023 celebrouse no Paraninfo da Universidade de Vigo, o acto de gradación das décimas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e da oitava promoción do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Dª Natalia Caparrini, a concelleira de I+D e Dinamización Administrativa do concello de Vigo, Dª. Ana María Mejías Sacaluga, a secretaria do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, Dª. Luz María San Pelayo Pérez, o Decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, D. Juan José Fernández e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Dª Elena Alonso. D. Eduardo Liz e Dª Marta Cabeza actuaron como padriños das promocións de grao e mestrado, respectivamente. A lección maxistral foi impartida por D. Adrián Pérez Solla, delegado comercial de Ecoforest no Reino Unido, e D. Rodrigo Martín Pazos, falou en nome do alumnado de grao, mentres que D. Óscar Pereiro Fuentes representou ao alumnado de máster. Neste acto, a empresa SOLTEC entregou un premio ao mellor expediente da oitava promoción do grao en Enxeñaría da Enerxía, e os Ilustres Colexios Oficiais de Enxeñeiros técnicos de Minas e de Enxeñeiros de Minas do Noroeste entregaron os premios aos mellores expedientes do grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (novena promoción) e do Máster en Enxeñaría de Minas (quinta e sexta promoción), respectivamente. Tras o acto académico gozouse dun petisco na azotea da biblioteca central, amenizado por un grupo musical de exalumnos da EME.
- Palabras do padriño e da madriña (Mestrado EM)
Acto de graduación 2022
O venres 17 de xuño de 2022 celebrouse no Paraninfo da Universidade de Vigo, o acto de gradación das novenas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e da sétima promoción do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Dª Natalia Caparrini, o alcalde da cidade de Vigo, D. Abel Caballero, o decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia, D. Juan Carlos Morán, o Decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, D. Juan José Fernández e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Dª Elena Alonso. D. Alejandro Molares e Dª Xenerosa Fernández actuaron como padriños das promocións de grao e máster, respectivamente. A lección maxistral foi impartida por D. J. Ignacio Rodríguez, Director do Departamento de Enerxía en INEGA, e Dª Marta Caride e D. Iván Montenegro falaron en nome do alumnado de grao, mentres que Dª. Laura Andrés e D. Juan Fernández representaron ao alumnado de mestrado. Neste acto, a empresa SOLTEC entregou un premio ao mellor expediente da oitava promoción do grao en Enxeñaría da Enerxía, e os Ilustres Colexios Oficiais de Enxeñeiros técnicos de Minas e de Enxeñeiros de Minas do Noroeste entregaron os premios aos mellores expedientes do grao de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos (oitava promoción) e do Máster en Enxeñaría de Minas (quinta e sexta promoción), respectivamente. O acto académico contou coa actuación do grupo musical PÄRBO.
- Invitación Acto de Graduación 2022
- Palabras do padriño (Grao en EE e Grao en ERME) e da madriña (Mestrado EM)
Acto de graduación 2021
O venres 18 de xuño de 2021 celebrouse no auditorio da Sede Afundación Vigo, o acto de graduación das oitavas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e da sexta promoción do Mestrado universitario en Enxeñaría de Minas. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes de Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, o alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de I+D e dinamización administrativa de Vigo, Ana Mejías e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, Elena Alonso. Tamén deron os seus discursos os padriños, Eduardo Liz, padriño da VIII promoción do Grao en Enxeñaría da Enerxía e Carlos Martínez, padriño da VIII promoción do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e da VI promoción do Máster en Enxeñaría de Minas. Contouse coa participación dos representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas). O acto académico foi acompañado pola actuación do grupo musical PÄRBO.
- Invitación Acto de Graduación 2021
- Palabras da directora da EME e dos padriños (Grao en EE e Grao en ERME)
- Acto en Youtube
Acto de graduación 2019
O venres 28 de xuño celebrouse no auditorio da Sede Afundación Vigo, o acto de graduación das sextas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das cuartas promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. No acto, os 33 alumnos dos graos e os 13 do máster en Enxeñaría de Minas recibiron as súas distincións. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes de Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas), o delegado territorial da Xunta de Galicia, a concelleira de I+D e dinamización administrativa do Concello de Vigo e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Patricia Durany Fernández, egresada do centro ofreceu unha lección maxistral.
- Invitación Acto de Graduación 2019
- Palabras da directora da EME e dos padriños (Graos e EM)
- Nova no DUVI
- Acto en UVigo TV
- Orlas: Graos e Mestrado EM
Acto de graduación 2018
O venres 6 de xullo celebrouse o acto de graduación das quintas promocións dos Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das terceiras promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. O evento celebrouse no Teatro Afundación. 78 novos profesionais do eido da minería e da enerxía finalizan os seus estudos.
- Invitación Acto de Graduación 2018
- Palabras da directora da EME e dos padriños (EE, ERME e EM)
- Nova no DUVI
- Acto en UVigo TV
- Orlas: Grao EE, Grao ERME e Mestrado EM
Acto de graduación 2017
O venres 7 de xullo celebrouse no Teatro Afundación o acto de graduación das cuartas promocións do Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das segundas promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. No mesmo acto celebrouse o 25 aniversario da titulación de Enxeñaría de Minas na Universidade de Vigo coa entrega de distincións as principais empresas colaboradoras coa escola e tamén aos mellores profesores.
- Invitación Acto de Graduación 2017
- Palabras da directora da EME e dos padriños da promoción
- Nova no DUVI
- Acto en UVigo TV
- Orla Graos EE e ERME – Promoción 2013-2017
Acto de graduación 2016
O venres 8 de xullo celebrouse o acto de graduación das terceiras promocións do Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das primeiras promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. 115 alumnos e alumnas conforman as catro promocións que hoxe recibiron os seus diplomas e insignias, nun acto celebrado no auditorio da sede Afundación.
- Invitación Acto de Graduación 2016
- Palabras da directora da EME
- Nova no DUVI
- Acto en UVigo TV
- Orla Graos EE e ERME – Promoción 2012-2016
Acto de graduación 2015
No acto de graduación do 10 de xullo recibiron as súas bandas un total de 62 estudantes, 12 de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e 50 de Enxeñaría da Enerxía, que puxeron punto e final ao programa de actos de graduación deste curso na Universidade de Vigo.
- Programa do Acto de Graduación 2015
- Palabras do director da EME
- Nova no DUVI
- Acto en UVigo TV
- Orla Graos EE e ERME – Promoción 2011-2015
Acto de graduación 2014
O 11 de xullo celebrouse o acto de graduación das titulacións da EME, unha data especial na que coincidiu a despedida aos 33 alumnos da última promoción de Enxeñaría de Minas, co adeus ou ata logo aos titulados e tituladas dos novos graos de Enxeñaría da Enerxía (34); de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos(22) e do V Mestrado en Tecnoloxía Medioambiental (11).
- Programa do Acto de Graduación 2014
- Palabras do director da EME
- Nova no DUVI
- Orla Graos EE e ERME – Promoción 2010-2014
- Orla Enxeñaría de Minas – Promoción 2014
Acto de graduación 2013
A EME celebrou o venres 12 de xullo o acto de graduación de 23 novos titulados e tituladas, integrantes da XVI promoción da escola, de 18 alumnos do mestrado en Tecnoloxía Medioambiental e os 19 do mestrado en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble.
- Programa do Acto de Graduación 2013
- Palabras do director da EME
- Nova no DUVI
- Orla Enxeñaría de Minas – Promoción 2013
Orlas de anos anteriores
Enxeñaría de Minas
2012 | 2011 | 2009 | 2007 | 2006 | 2005 | 2004 | 2003 | 2002 | 2001 | 2000 | 1999 | 1998 | 1997