A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía réxese polos plans e normativas do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo, cuxo obxectivo é previr, reducir e eliminar os riscos asociados ás actividades que se realizan na universidade. De todos os xeitos, preséntanse aquí algunhas recomendacións e información relevantes.

Vixiancia da saúde

O persoal da Universidade de Vigo ten a posibilidade de pedir cita para o exame médico periódico, a través do documento de solicitude en pdf que achegamos, dentro do prazo indicado no Portal de avisos correspondente a cada centro de traballo.

Se por algunha razón non podes solicitar a cita, é necesario que comuniques co Servizo de Prevención no teléfono +34 986 814 088 ou no correo electrónico: sprlformacionesaude@uvigo.gal

Documentación

+info: UVigo | UVigoTV

Para outros consellos

Consulta a documentación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais

IR AO SERVICIO