Geolodía é unha iniciativa de divulgación na que se realizan excursións xeolóxicas de campo guiadas por xeólogos e xeólogas, gratuítas e abertas a todos os públicos.

Cada ano realízase un Geolodía en cada provincia, ben no primeiro ou ben no segundo fin de semana de maio. Os Geolodías teñen lugar en contornas de gran interese xeolóxico e ofrecen unha información sinxela pero rigorosa. Permiten ver eses lugares con “ollos xeolóxicos” e entender como funciona a Terra sobre a que vivimos e de cuxos recursos naturais dependemos. Quen participan comprenden tamén o valor do noso patrimonio xeolóxico e a necesidade de protexelo.

Geolodía é unha actividade organizada pola Sociedad Geológica de España (SGE), coa colaboración da FECIT do Ministerio de Ciencia e Innovación, a Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT) e co patrocinio de numerosas entidades públicas e privadas.

 

En 2025 a Escola de Minas e Enerxía e outras entidades da  Universidade de Vigo colaboraron co Geolodía na Foz da Ramallosa en Baiona [fai clic para ver ficha].

No seguinte botón tes toda a información sobre Gelodía:

IR Á WEB DE GEOLODÍA

 


Novas e eventos relacionadas con Geolodía