Geolodía é unha iniciativa de divulgación na que se realizan excursións xeolóxicas de campo guiadas por xeólogos e xeólogas, gratuítas e abertas a todos os públicos. Esta organizada por la Sociedad Geológica de España e conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT).
Cada ano realízase un Geolodía por cada provincia o primeiro ou segundo fin de semana de maio. Os Geolodías teñen lugar en contornas de gran interese xeolóxico e ofrecen unha información sinxela pero rigorosa. Permiten ver eses lugares con “ollos xeolóxicos” e entender como funciona a Terra sobre a que vivimos e de cuxos recursos naturais dependemos. Quen participan comprenden tamén o valor do noso patrimonio xeolóxico e a necesidade de protexelo.
Prazas: limitadas (150 prazas). É necesaria unha inscrición por persoa.
Prazo de inscrición: Do 27 de abril ás 9:00h ao 7 de maio ás 14:00h
Duración: aproximadamente 2 horas e media.
Definíronse 5 quendas de 30 persoas que comezarán ás 9:30h e sucederanse cada media hora até a saída do último grupo ás 11:30 am. A última quenda é ás 11:30
Habilitarase un percorrido alternativo para xente con mobilidade reducida.
O venres 8 de maio, os participantes recibirán un correo de confirmación de quenda asignada e instrucións definitivas.
Máis información na propia web de Geolodía.
Podes inscribirte premendo aquí:
INSCRICIÓN