É unha experiencia inesquecible para o estudantado da EEME, xa que lle permite conectar a teoría aprendida nas aulas durante os anos de grao ou máster coa práctica no campo real. Durante unha semana, as eos estudantes percorren diversos puntos da xeografía ibérica, visitando empresas líderes nos sectores da minería, a enerxía e os materiais.

Esta viaxe proporciona unha oportunidade única para observar de primeira man as operacións e tecnoloxías utilizadas nestas industrias. O alumnado pode interactuar con profesionais de experiencia, entender os desafíos diarios do sector e ver como se aplican as solucións innovadoras que estuda na universidade. Estas visitas amplían a súa visión profesional e permítelles avaliar as diferentes áreas de especialización dispoñibles.

Ademais, esta viaxe fortalece o compañeirismo entre o estudantado, fomentando o traballo en equipo e as habilidades interpersoais, esenciais para o seu futuro profesional. A experiencia de visitar distintas empresas tamén lles ofrece unha valiosa rede de contactos, facilitando futuras oportunidades laborais.