Queres estudar Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos?…
…ou Enxeñaría da Enerxía?
Un dos nosos obxectivos é espertar a curiosidade e involucrar á cidadanía a través de actividades de divulgación e difusión baseadas en contidos documentados polo profesorado da EME cunha linguaxe rigorosa pero próxima.
Para facer accesible o coñecemento científico á sociedade en xeral e aos alumnos de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional en particular, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía ofrece un conxunto de actividades cuns contidos asociados á enerxía, os materiais e o medio ambiente, temas todos eles relacionados de forma directa cos graos que se imparten no noso centro: O Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e o Grao en Enxeñaría da Enerxía.
Actividades que organizamos
- Colección de minerais Manuel de Sas de la Encina
- Obradoiro de recoñecemento de minerais
- Aula Aberta á Tecnociencia
- Conferencias temáticas
- Xornadas de Portas Abertas
- STEMbach
- EME-minerais
- Exposición itinerante
Actividades coas que colaboramos
- Feiras de minerais
- Olimpiada de Xeoloxía
- G-Night
- Ciencia de ida e volta
- Proxecto “La caja sostenible”
Coordinación de actividades
Raquel Pérez Orozco
+34 986 813 423
eme@uvigo.es