A creación da Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME) viña prevista no Plan de política Lingüística da Universidade de Vigo aprobado no ano 2004. A CNL da Escola forma parte da organización xeral da Universidade en materia de política lingüística. Polo tanto, debe velar porque se cumpran as condicións necesarias para que non se vulneren os dereitos das persoas que queiran empregar o galego en todos os contextos que se poidan dar dentro da Escola, así como procurar o fomento do uso da lingua, sobre todo, naqueles ámbitos onde esta teña menos presenza.
Composición
Representante do Equipo Directivo
- Elena M. Alonso Prieto
Representante do PAS do centro
- Paulo Cabral Pereira
Representantes do PDI do centro
- Lucía Díaz Vilariño
- Juan Ricoy Alonso
- Gonzalo Méndez Martínez
- Teresa Rivas Brea
Representantes dA Delegación de Alumnado
- Juan Jesús Rico Fuentes
- Alejandro Casal Barreiro
Funcións
Recoller datos que permitan dispormos dunha diagnose actualizada da realidade lingüística da EME. Propor actuacións e definir obxectivos conducentes a unha maior presenza da lingua galega na EME. Canalizar os intereses e as preocupacións dos membros da escola sobre calquera aspecto da normalización lingüística (queixas, suxestións…).
Difundir información e recursos na EME que ofrece a Universidade de Vigo e que resultaren de interese para a difusión da lingua galega (materiais da ANL, cursos ou xornadas de formación…). Fomentar a coordinación con outras comisións para o intercambio inter ou intrauniversitario de experiencias normalizadoras.