Curso 2020/2021
Normas básicas
- Antes e despois de cada clase, lava as mans con auga e xabón como mínimo durante 40-60 segundos ou utiliza as solucións alcohólicas dispoñibles nas aulas.
- Mantén a máscara posta todo o tempo.
- Mantén abertas as xanelas (nas aulas, laboratorios e corredores) e a porta da túa clase ou laboratorio todo o tempo, para garantir unha ventilación continuada dos espazos.
- Lava as mans ao chegar á Escola e antes de comer ou beber.
Laboratorios: O alumnado cada día ao finalizar as prácticas limpará o seu posto e aqueles equipos e material utilizado, desinfectándolo con panos ou toallas humedecidas con desinfectantes que terán dispoñibles no laboratorio ou taller. A continuación lavarase as mans con auga e xabón. Será obrigación do profesorado incluír no protocolo das prácticas a limpeza das mesmas por parte dos alumnos ao finalizar a sesión e ao principio da seguinte práctica.