A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía réxese polos plans e normativas do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo, cuxo obxectivo é previr, reducir e eliminar os riscos asociados ás actividades que se realizan na universidade. De todos os xeitos, preséntanse aquí algunhas recomendacións e información relevantes.
Vixiancia da saúde
O persoal da Universidade de Vigo ten a posibilidade de pedir cita para o exame médico periódico, a través do documento de solicitude en pdf que achegamos, dentro do prazo indicado no Portal de avisos correspondente a cada centro de traballo.
Se por algunha razón non podes solicitar a cita, é necesario que comuniques co Servizo de Prevención no teléfono +34 986 814 088 ou no correo electrónico: sprlformacionesaude@uvigo.gal
Documentación
- Curso alarma e evacuación: evacuación e extinción
- Presentación formación en emerxencias (UNIPRESALUD)
- Curso de primeiros auxilios
- Tríptico manexo BIEs (Bocas de incendio equipadas)
- Tríptico manexo extintores
- Tríptico utilización EPIs (Equipos de protección individual)
- Tríptico recomendación de seguridade en talleres e laboratorios
Para outros consellos
Consulta a documentación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais