Este ano a nosa escola puxo en marcha o 1º concurso de relatos curtos, Contos_EME2022 con dúas categorías, unha para o alumnado de Institutos de Educación Secundaria e Bacharelato e outra para Grao e Mestrado da Universidade de Vigo. As bases fixaban, entre outras cousas, a frase inicial dos contos. Houbo participación de institutos de toda Galicia e de varios centros da Universidade, en total foron 36 de institutos e 15 da UVigo.
O xurado do concurso estivo formado por 5 membros: res trepresentantes do alumnado, o persoal de administración e servizos e o profesorado da EEME; e 2 persoas alleas, unha delas un escritor:
- María Adrián Estévez, alumna do Mestrado Universitario en Enxeñaría de Minas.
- Julio Fernández Cid, xefe de área de estudos de máster e doutoramento.
- Teresa Rivas Brea, profesora da área de Explotación de Minas.
- Azucena Arias Correa, experta en igualdade e profesora da área de Didáctica das ciencias experimentais.
- Jose Ángel Gómez Iglesias (Defreds) escritor vigués de recoñecido prestixio e éxito de ventas.
Este xurado, reunido o 22 de novembro acordou outorgar os seguintes premios:
Gañadora da categoría de alumnado matriculado en Bacharelato
Natalia Paz Peláez (Colexio La Salle de Santiago)
Gañadora na categoría de estudantado da Universidade de Vigo
Laura Gonzáles Lemos (Escola de Enxeñaría de Telecomunicación)
Tamén se concederon dous accésits:
Na categoría de Bacharelato
Pablo Rodríguez Reino (Colexio La Salle de Santiago)
Na categoría de estudantado da Universidade de Vigo
Héctor Santorum Ruíz (Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía)
Queremos agradecer a todas as persoas participantes a boa acollida deste concurso e aos membros do xurado a súa dispoñibilidade para a lectura e selección dos premiados.
Premendo no botón de abaixo pode descargarse un PDF cos relatos premiados e a información da decisión do xurado.
Descargar PDF