Acto de graduación 2019

acto graduacion 2019

O venres 28 de xuño celebrouse no auditorio da Sede Afundación Vigo, o acto de graduación das sextas promocións dos Graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das cuartas promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. No acto, os 33 alumnos dos graos e os 13 do máster en Enxeñaría de Minas recibiron as súas distincións. O acto estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes de Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, representantes dos colexios profesionais (o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Minas e o decano-presidente do Colexio de Enxeñeiros de Minas), o delegado territorial da Xunta de Galicia, a concelleira de I+D e dinamización administrativa do Concello de Vigo e a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Patricia Durany Fernández, egresada do centro ofreceu unha lección maxistral.


Acto de graduación 2018

Acto de graduación 2018

O venres 6 de xullo celebrouse o acto de graduación das quintas promocións dos Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das terceiras promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. O evento celebrouse no Teatro Afundación. 78 novos profesionais do eido da minería e da enerxía finalizan os seus estudos.


Acto de graduación 2017

Acto de graduación 2017

O venres 7 de xullo celebrouse no Teatro Afundación o acto de graduación das cuartas promocións do Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das segundas promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. No mesmo acto celebrouse o 25 aniversario da titulación de Enxeñaría de Minas na Universidade de Vigo coa entrega de distincións as principais empresas colaboradoras coa escola e tamén aos mellores profesores.


Acto de graduación 2016

Acto de graduación 2016

O venres 8 de xullo celebrouse o acto de graduación das terceiras promocións do Grao en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e das primeiras promocións do Mestrado en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática. 115 alumnos e alumnas conforman as catro promocións que hoxe recibiron os seus diplomas e insignias, nun acto celebrado no auditorio da sede Afundación.


Acto de graduación 2015

Acto de graduación 2015

No acto de graduación do 10 de xullo recibiron as súas bandas un total de 62 estudantes, 12 de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e 50 de Enxeñaría da Enerxía, que puxeron punto e final ao programa de actos de graduación deste curso na Universidade de Vigo.


Acto de graduación 2014

Acto de graduación 2014

O 11 de xullo celebrouse o acto de graduación das titulacións da EME, unha data especial na que coincidiu a despedida aos 33 alumnos da última promoción de Enxeñaría de Minas, co adeus ou ata logo aos titulados e tituladas dos novos graos de Enxeñaría da Enerxía (34); de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos(22) e do V Mestrado en Tecnoloxía Medioambiental (11).


Acto de graduación 2013

Acto de graduación 2013

A EME celebrou o venres 12 de xullo o acto de graduación de 23 novos titulados e tituladas, integrantes da XVI promoción da escola, de 18 alumnos do mestrado en Tecnoloxía Medioambiental e os 19 do mestrado en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble.


Orlas de anos anteriores

Enxeñaría de Minas
2012 | 2011 | 2009 | 2007 | 2006 | 2005 | 2004 | 2003 | 2002 | 2001 | 2000 | 1999 | 1998 | 1997