O TFG representa, na maioría dos casos, o primeiro contacto formal do estudantado coa realidade profesional na que se vai a integrar ao rematar os seus estudos e, como actividade formativa que é, pretende que o estudantado realice, de xeito activo, un traballo aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poñan en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio profesional. Desde este punto de vista, debe consistir nun traballo individual de suficiente nivel e complexidade onde se engloben algún dos seguintes perfís:
Perfil académico ou investigador
Require do estudantado a integración e aplicación de coñecementos adquiridos ao longo dos seus estudos.
Perfil profesional
Tratase de resolver un problema de enxeñaría mediante a integración dun conxunto de conceptos, desenvolvementos, resolucións, e toma de decisións a partir das cales o estudantado amose a súa capacitación para atopar unha solución viable desde os puntos de vista tecnolóxico, orzamentario e de execución material.
Traballo Fin de Grao 2020/2021
Normativas do TFG
Ofertas temáticas do TFG
Formulario do TFG
CALENDARIO DE DEFENSA DO TFG
Convocatoria | Solicitude | Defensa |
---|---|---|
Fin de carreira | 24/09/2020 – 30/09/2020 | 05/10/2020 – 06/10/2020 |
Febreiro | 01/02/2021 – 11/02/2021 | 22/02/2021 – 23/02/2021 |
Xuño | 04/06/2021 – 17/06/2021 | 29/06/2021 – 30/06/2021 |
Xullo | 07/07/2021 – 15/07/2021 | 27/07/2021 – 29/07/2021 |
Coordinación do TFG
Grao ERME
María Araújo Fernández
+34 986 811 923
maraujo@uvigo.es
Grao EE
David Patiño Vilas
+34 986 812 604
patinho@uvigo.es