A Olimpíada de Minas e Enerxía é a congregación de diferentes Escolas de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais da península ibérica, que se manifesta nunha competición deportiva durante un total de 3 días.
A idea de realizar este evento provén da participación das Escolas de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo, Oviedo e Madrid no Cartel des Mines, unha competición deportiva que enfronta a un total de 11-12 Escolas de Minas europeas, as cales, durante este evento, dan o mellor de si no ámbito deportivo e, á súa vez, permiten que futuros enxeñeiros de minas de toda Europa se coñezan e estreiten lazos que poden ser útiles no futuro. Pola súa banda, esta Olimpíada conseguirá que estudantes das Escolas de Enxeñería de Minas, Enerxía e Materiais de toda a península ibérica se coñezan e establezan novas relacións con estudantes do seu mesmo ámbito.
Neste ano, as datas para o evento serán do 21 ao 23 de marzo e realizaranse competicións nos seguintes deportes:
- Atletismo
- Fútbol 7
- Baloncesto
- Voleibol
- Tenis
- Tenis de mesa
- Balonmán
Por suposto, un mesmo participante pode inscribirse en varios deportes.