Competencias básicas
- CB1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
- CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
- CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
- CB5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencas xerais
- CG1 Capacidade de interrelacionar todos os coñecementos adquiridos, interpretándos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna.
- CG2 Capacidade de desenvolver un proxecto completo en calquera campo desta enxeñería, combinando de forma adecuada os coñecementos adquiridos, accedendo ás fontes de información necesarias, realizando as consultas precisas e integrándose en equipos de traballo interdisciplinar.
- CG3 Propoñer e desenvolver solucións prácticas, utilizando os coñecementos teóricos, a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá propios da enxeñería, desenvolvendo as estratexias adecuadas.
- CG4 Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais.
- CG5 Coñecer as fontes necesarias para dispoñer dunha actualización permanente e continua de toda a información precisa para desenvolver o seu labor, accedendo a todas as ferramentas, actuais e futuras, de procura de información e adaptándose aos cambios tecnolóxicos e sociais.
Competencias transversais
- CT1 Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñería e no desenvolvemento de calquera dos aspectos do seu labor profesional.
- CT2 Capacidade para organizar, interpretar, asimilar, elaborar e xestionar toda a información necesaria para desenvolver o seu labor, manexando as ferramentas informáticas, matemáticas, físicas, etc., necesarias para iso.
- CT3 Concibir a enxeñería nun marco de desenvolvemento sostible con sensibilidade cara a temas ambientais.
- CT4 Entender a transcendencia dos aspectos relacionados coa seguridade e saber transmitir esta sensibilidade ás persoas da súa contorna.
- CT5 Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua de calidade, desenvolvendo valores propios da dinámica do pensamento científico, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade, etc.
- CT6 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
- CT7 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
- CT8 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencias específicas
Formación básica
- CE1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñería. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
- CE2 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador.
- CE3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñería.
- CE4 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería.
- CE5 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñería.
- CE6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
- CE7 Capacidade para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias para a súa aplicación nos problemas de Enxeñería.
- CE8 Comprensión dos conceptos de aleatoriedad dos fenómenos físicos, sociais e económicos, así como de incerteza.
- CE9 Coñecementos de cálculo numérico básico e aplicado á enxeñería.
Competencias específicas (Módulo Común)
- CE10 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica e da termodinámica e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñería. Transferencia de calor e materia e máquinas térmicas.
- CE11 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios e tecnoloxía de materiais.
- CE12 Coñecemento de xeotecnia e mecánica de solos e de rocas.
- CE13 Coñecemento de resistencia de materiais e teoría de estruturas.
- CE14 Coñecemento dos principios de mecánica de fluídos e hidráulica.
- CE15 Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, rede de transporte, repartición e distribución, así como sobre tipos de liñas e condutores. Coñecemento da normativa sobre baixa e alta tensión. Coñecemento de electrónica básica e sistemas de control.
- CE16 Capacidade para aplicar metodoloxías de estudos e avaliacións de impacto ambiental e, en xeral, de tecnoloxías ambientais, sustentabilidade e tratamento de residuos.
- CE17 Coñecementos e capacidades para o cálculo, construción e deseño de máquina.
- CE18 Coñecemento da metodoloxía, xestión e organización de proxectos.
- CE19 Coñecementos sobre o modelado e simulación de sistemas.
Competencias específicas (Módulo Enerxía)
- CE20 Coñecemento aplicado dos fundamentos de obras e instalacións hidráulicas. Planificación e xestión de recursos hidráulicos.
- CE21 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
- CE22 Coñecemento sobre sistemas eléctricos de potencia e as súas aplicacións.
- CE23 Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
- CE24 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente ara a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñería química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
- CE25 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñería da reacción química, deseño de reactores, e valoración e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
- CE26 Coñecemento aplicado dos fundamentos de operacións básicas de procesos.
- CE27 Coñecemento aplicado dos fundamentos de procesos de refino, petroquímicos e carboquímicos.
- CE28 Coñecemento aplicado dos fundamentos de enerxías alternativas e uso eficiente da enerxía.
- CE29 Coñecementos aplicados de enxeñería térmica.
- CE30 Coñecemento aplicado sobre enerxías renovables.
- CE31 Coñecemento aplicado dos fundamentos de loxística e distribución enerxética.
- CE32 Coñecemento aplicado dos fundamentos de aproveitamento, transformación e xestión dos recursos enerxéticos.
- CE33 Coñecemento aplicado dos fundamentos de industrias de xeración, transporte, transformación e xestión da enerxía eléctrica e térmica.
- CE34 Capacidade para aplicar os coñecementos de motores e máquinas térmicas aos problemas que poidan exporse na Enxeñería.
- CE35 Capacidade para aplicar as Tecnoloxías Ambientais aos problemas que poidan exporse na Enxeñería Térmica.
- CE36 Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nos proxectos, plantas ou instalacións.
- CE37 Capacidade para a xestión de auditoras de instalacións de enerxía.
- CE38 Comprensión e dominio dos conceptos sobre aforro e eficiencia enerxética, así como xestión da mesma e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñería enerxética.
- CE39 Capacidade para a innovación no desenvolvemento de novas liñas, proxectos e produtos no campo da Enxeñería enerxética.
- CE40 Capacidade para analizar o réxime económico de funcionamento dos sistemas de produción de enerxía eléctrica. Coñecer o mercado de enerxía eléctrica.
- CE41 Coñecemento e capacidade de aplicación da normativa relacionada coa eficiencia enerxética.
- CE42 Coñecer os sensores para medida de variables físicas.
- CE43 Capacidade para seleccionar e utilizar sistemas de adquisición de datos e instrumentación electrónica.