EME

Qué é MEET-emE?

O programa MEET-emE é un programa de mentoría onde o alumnado da escola exerce de mentor/a co alumnado de primeiro ano. Ao longo dun ano académico o mentor/a axuda ao novo/a estudante a incorporarse ao mundo universitario. É unha parte fundamental do MEET-UVigo. Para poder desenvolver este labor os e as estudantes mentores reciben unha formación intensiva en competencias transversais.

 

Qué formación recibe un mentor/a?

O/a mentor/a, para desenvolver o seu labor, recibe unha formación intensiva sobre as seguintes competencias transversais:

  • Competencias de titorización: mentoría.
  • Competencias intrapersoais: autocoñecemento, xestión emocional e intelixencia emocional.
  • Competencias interpersoais: liderado, traballo en equipo, intelixencia social e motivación e comunicación.
  • Competencias instrumentais: métodos e xestión do tempo.

 

En que consiste a labor de mentor/a?

Durante un ano académico o/a mentor/a é responsable dun equipo de aproximadamente 5 novos/as estudantes. As sesións de mentoría axudan a que o alumnado desenvolva as competencias necesarias para afrontar os desafíos de estudar unha carreira.

O mentor/a mellora en capacidades como as relacionadas coa xestión, responsabilidade, implicación, autonomía, motivación ou creatividade e aprende a solucionar conflitos

A aplicación das competencias transversais fai que o mentor/a teña unha bagaxe en consonancia cos requirimentos do mercado laboral.

 

Qué títulos cooperan?

  • Enxeñaría de Tecnoloxías da Telecomunicación
  • Linguas Estranxeiras
  • Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
  • Enxeñaría da Enerxía
  • Química
  • Economía
  • Ciencias do Mar.

 

Documentos e enlaces

 

Se desexas máis información sobre o programa, en xeral, ou sobre calquera dos seus aspectos, podes dirixirte á coordinadora do MEET-emE da escola: Ángeles Domínguez Santiago (eme.meet@uvigo.es).