Acto de benvida

O equipo directivo da EME quere darvos a benvida á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e informarvos das actividades de benvida dos primeiros días de setembro.

O curso comeza o luns 13 de setembro. O xoves 9 de setembro celebrarase a Xornada de Benvida organizada expresamente para o alumnado de novo acceso. Esa mesma semana enviarase unha comunicación desde a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía a todo o alumnado matriculado en primeiro curso con información máis detallada sobre a Xornada de de Benvida.

Data: Xoves 9 de setembro.
Lugar: Vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Campus As Lagoas-Marcosende, s/n).
Hora: 10:00 horas.

Neste acto coñeceredes:

  • Organización docente
  • Mobilidade estudantil
  • Medidas de prevención e control sanitario
  • Asociacións estudiantís e vida universitaria

 

 

Aquí  presentámosvos material sobre os servizos xerais na Universidade de Vigo: