Conforme á Lei orgánica de universidades 6/2001, de 21 de decembro, á Lei orgánica 4/2007, de 12 de abril que modifica a anterior, aos Estatutos da Universidade de Vigo, ao Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo e demais normativas vixentes, procédese a convocar eleccións a director/a da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de acordo co calendario que se indica de seguido:
Calendario electoral
| Proceso | Data |
|---|---|
| Sorteo da Xunta Electoral | 6 de setembro de 2021 |
| Constitución da Xunta Electoral | 7 de setembro de 2021 |
| Exposición dos censos provisionais | 8, 9 e 10 de setembro de 2021 Censo provisorio |
| Prazo de reclamacións aos censos provisionais | 13, 14 e 15 de setembro de 2021 |
| Publicación dos censos definitivos | 16 de setembro de 2021 Censo definitivo |
| Prazo de presentación de candidaturas | Do 17 ao 21 de setembro de 2021 |
| Proclamación provisional de candidaturas | 22 de setembro de 2021 Acta de proclamación provisional de candidaturas |
| Prazo de reclamacións ás candidaturas provisionais | Do 23 ao 27 de setembro de 2021 |
| Proclamación definitiva de candidaturas | 28 de setembro de 2021 Acta de proclamación definitiva de candidaturas |
| Votacións en Xunta de Escola Extraordinaria | 13:00 do 1 de outubro de 2021 |