Xornada SIKA

Tecnoloxía e aplicacións en túneles civís e minería’. Xornadas de convivencia entre Escolas de Minas, Sika e Fundación Santa Bárbara.

Os días 28 e 29 de marzo, os nosos estudantes asistiron como outro ano máis ás xornadas organizada pola empresa SIKA e a Fundación Santa Bárbara. A ela tamén asistiron o noso/a compañeiro/ as das Escolas de Enxeñería de Minas de Oviedo, Madrid e León. Este ano, esta actividade titulábase ‘Tecnoloxía e aplicacións en túneles civís e minería’.

Os asistentes puideron escoitar fantásticas charlas e conferencias sobre:

  • Sostemento en Túneles. Estado da arte do formigón proxectado. Emprego de fibras sintéticas como elemento estrutural.
  • Sistemas de Impermeabilización en obras subterráneas. Solucións para tratamento do terreo. Inxeccións de consolidación e impermeabilización de chans.

Ademais, tamén houbo tempo para a práctica nas instalacións da Fundación Santa Bárbara experimentando coa fabricación de formigón proxectado en planta, proxección de formigón nunha sección de galería mineira con equipo  robotizado  Putzmeister, Road Show: Inxección de resinas de recheo, reparación de cintas transportadoras, tratamentos  anti po en accesos, ductilidade en formigóns reforzados con fibras e elaboración de pasta de recheo (Cut & Fill).

Visitouse o Monumento Natural das Medulas (Patrimonio da Humanidade) e á súa Aula Arqueolóxica.

Desde a EME gustaríanos agradecer a SIKA e á Fundación Santa Bárbara a súa perfecta organización e o estupendo trato que lle deron a todos os participantes.

Noticia relacionada: Sesenta alumnos de ingeniería estudian tecnología en túneles en la Mina Escuela

SIKA | Fundación Santa Bárbara