O TFM representa un contacto formal do alumnado coa realidade profesional na que se vai a integrar ao finalizar os seus estudos e, como actividade formativa que é, pretende que o alumnado realice, de xeito activo, un traballo aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poñan en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio profesional. Dende este punto de vista, debe consistir nun traballo individual de suficiente nivel e complexidade onde se engloben algún dos seguintes perfís:

Perfil académico ou investigador
Require do alumnado a integración e aplicación de coñecementos adquiridos ao longo dos seus estudos.

Perfil profesional
Tratase de resolver un problema de enxeñaría mediante a integración dun conxunto de conceptos, desenvolvementos, resolucións, e toma de decisións a partir das cales o alumnado amose a súa capacitación para atopar unha solución viable dende os puntos de vista tecnolóxico, orzamentario e de execución material.

Traballo Fin de Máster

Normativas do TFM

Ofertas Temáticas do TFM

  • Listaxe de ofertas do TFM

Formularios de Proposta do TFM

 

TFM CON ENTIDADES EXTERNAS (EMPRESAS E INSTITUCIóns)

Programa colmea de ideas
Programa de innovación aberta. Entidades externas lanzan á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudantado expoña y desenvolva, no seu TFM, posibles solucións ou melloras.

Estadías para a realización do TFM en colaboración con entidades externas
Convenio específico entre UVIGO e entidade externa
Responsable da tramitación: coordinador/a do TFM

 

CALENDARIO DE DEFENSA DO TFM

Convocatoria Solicitude Defensa
Adiantada* 27/11/2024 Por confirmar
Xuño 30/04/2025 01/07/2025 – 02/07/2025
Xullo 30/04/2025 28/07/2025 – 29/07/2025

(*) A defensa do TFM na convocatoria adiantada (finais ano 2024) require nova matrícula na materia TFM no curso 2024/2025.

PREMIOS TFM

Convocatorias de premios de TFM. Calidade lingüística en galego, inclusión da perspectiva de xénero, ODS e sostenibilidade, ámbito auga, ámbito xeomática, etc.

Máis información

 

Coordinación do Traballo Fin de Máster

Elena Alonso Prieto
+34 986 813 775
ealonso@uvigo.es