O TFG representa, na maioría dos casos, o primeiro contacto formal do estudantado coa realidade profesional na que se vai a integrar ao rematar os seus estudos e, como actividade formativa que é, pretende que o estudantado realice, de xeito activo, un traballo aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poñan en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio profesional. Desde este punto de vista, debe consistir nun traballo individual de suficiente nivel e complexidade onde se engloben algún dos seguintes perfís:
Perfil académico ou investigador
Require do estudantado a integración e aplicación de coñecementos adquiridos ao longo dos seus estudos.
Perfil profesional
Tratase de resolver un problema de enxeñaría mediante a integración dun conxunto de conceptos, desenvolvementos, resolucións, e toma de decisións a partir das cales o estudantado amose a súa capacitación para atopar unha solución viable desde os puntos de vista tecnolóxico, orzamentario e de execución material.
Traballo Fin de Grao 2022/2023
Normativas do TFG
Ofertas temáticas do TFG
Formulario do TFG
TFG CON ENTIDADES EXTERNAS (EMPRESAS E INSTITUCIóns)
Programa colmea de ideas
Programa de innovación aberta. Entidades externas lanzan á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudantado expoña y desenvolva, no seu TFG, posibles solucións ou melloras.
Estadías para a realización do TFG en colaboración con entidades externas
Convenio específico entre UVIGO e entidade externa
Responsable da tramitación: coordinador/a do TFG
CALENDARIO DE DEFENSA DO TFG
Convocatoria | Solicitude | Defensa |
---|---|---|
Fin de carreira | 28/09/2022 | 03/10/2022 – 04/10/2022 |
Febreiro | 17/02/2023 | 01/03/2023 – 02/03/2023 |
Xuño | 20/06/2023 | 29/06/2023 – 30/06/2023 |
Xullo | 14/07/2023 | 26/07/2023 – 28/07/2023 |
PREMIOS TFG
Convocatorias de premios de TFG. Calidade lingüística en galego, inclusión da perspectiva de xénero, ODS e sostenibilidade, ámbito auga, ámbito xeomática, etc.
Coordinación do TFG
Grao ERME
María Araújo Fernández
+34 986 811 923
maraujo@uvigo.es
Grao EE
Francisco Javier Deive Herva
+34 986 818 723
deive@uvigo.es