Profesor/a titular de universidade
Área de Explotación de Minas
Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente
Información de contacto
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despacho M123
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 775
ealonso@uvigo.es
Breve CV
A miña formación académica universitaria comeza coa obtención, en 1993, do título de Enxeñeiro de Minas (Universidade de Oviedo). Con posterioridade comecei os meus estudos de doutoramento na devandita Universidade, gozando de bolsas de investigación ata 1995, momento en que me incorporo como persoal docente e investigador á Universidade de Vigo. Defendín a miña tese doutoral na Universidade de Vigo, en 2002, obtendo Premio Extraordinario de Doutoramento. O meu labor investigador sempre estivo enmarcada no ámbito da área de coñecemento de Explotación de Minas, participando activamente en dous grupos de investigación, o primeiro deles na Universidade de Oviedo (1993 a 1995) e o segundo, o grupo de investigación “Explotación de Minas” no que estou integrada na actualidade na Universidade de Vigo (desde 1995 ata a actualidade). As liñas de investigación nas que desenvolvo actualmente a miña actividade investigadora son: (i) deseño de explotacións mineiras (Minaría ao descuberto e Minaría subterránea), (ii) comportamento e caracterización de macizos rochosos, (iii) análises de tensións e deformacións en escavacións subterráneas e ao descuberto, (iv) riscos en explotacións mineiras. Participei, como investigadora, nun total de 7 proxectos financiados en convocatoria pública e máis de 15 contratos e proxectos de investigación financiados por empresas e/ou entidades. En relación aos resultados de investigación, publiquei 19 contribucións indexadas en Scopus , das cales 9 son artigos de investigación en revistas e case 40 contribucións en congresos de carácter nacional e internacional. Desenvolvemento a miña actividade como docente na área de Explotación de Minas desde o ano 1995 na Universidade de Vigo, impartindo as materias de “Laboreo”, “Ampliación de Laboreo” na titulación de Enxeñaría Minas e impartindo actualmente as materias de “Explotación sustentable de recursos mineiros” e “Loxística e servizos mineiros” no Grao Universitario en Recursos Mineiros e Enerxéticos e “Enxeñaría Mineira” no Máster Universitario en Enxeñaría de Minas, Como complemento ao meu labor como investigadora, cabe indicar que participei activamente en labores de xestión relacionadas coa formación doutoral e a investigación. En particular cabe destacar o cargo desempeñado como Directora de Estudos de Posgrao da Universidade de Vigo, desde 2006 a 2012 e o cargo como Xestora de Proxectos de Investigación da Xunta de Galicia, desde 2008 a 2013. Actualmente estou a levar a cabo os labores de coordinación do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas.
Docencia
1º cuadrimestre
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G311V01302 | Explotación sostible de recursos mineiros I
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
V09M148V01301 | Simulación Aplicada a Mecánica de Sólidos
2º cuadrimestre
Máster Universitario en Enxeñaría de Minas
V09M148V01401 | Traballo Fin de Máster
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
2º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
Investigación
Grupo de investigación
Xestión Segura e Sostible de recursos Minerais
Liñas de investigación
- Deseño de explotacións mineiras
- Caracterización e comportamento de macizos rocosos
- Riscos en explotacións mineiras