As prácticas en empresas facilitan a preparación do alumnado para o exercicio profesional e favorecen o desenvolvemento académico e o acceso ao mercado laboral. A EME conta con máis de 50 convenios con empresas de sectores como a enerxía, obra civil, explotación de recursos naturais, auga, medio ambiente, enxeñaría de materiais, etc. que colaboran coa formación dos nosos estudantes de Grao e Máster.
Hai dous tipos de prácticas externas: curriculares e extracurriculares. As prácticas externas curriculares figuran no plan de estudos como unha materia máis (obrigatoria ou optativa) e avalíase e cualifica e, por tanto, computa a efectos de finalización dos estudos e a expedición do título.
As prácticas externas extracurriculares realízanse á parte do plan de estudos.
Os graos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía non teñen prácticas curriculares. Pero podes realizar prácticas extracurriculares e solicitar recoñecemento de ECTS de carácter optativo (até un máximo de 12 ECTS), nese caso os créditos recoñecidos non levan cualificación).
No Máster Universitario en Enxeñaría de Minas as prácticas son unha materia obrigatoria de segundo curso; son prácticas curriculares.
As prácticas do estudiantado de Grao (extracurriculares) tramítanse a través da FUVI (Fundación Universidade de Vigo). Podes contactar a través do correo practicas@fundacionuvigo.es ou ben no teléfono 986 814 086.
As prácticas do estudiantado do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas (curriculares) tramítanse directamente no centro. Podes porche en contacto co coordinador de prácticas da nosa Escola, Javier Taboada Castro no correo jtaboada@uvigo.es.
Prácticas externas extracurriculares
Coordinación das prácticas externas
Javier Taboada Castro
+34 986 813 796
jtaboada@uvigo.es