XX Foro Tecnolóxico de emprego

O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha iniciativa creada no ano 2001 polas delegacións de alumnos das Escolas Técnicas Superiores de Enxeñeiros de Telecomunicación e Industriais da Universidade de Vigo, que se uniron para traballar nun proxecto que tiña por obxectivo facilitar o achegamento laboral das empresas aos futuros titulados de corte técnico desta universidade.

Este evento está organizado por e para os alumnos, desenvolvéndose nas tres escolas os días 4, 5 e 6 de marzo do 2020, grazas ao esforzo e iniciativa dun grupo de estudantes co apoio da Universidade, as Escolas, os Colexios Oficiais e outras institucións públicas e privadas.

Durante o evento, o principal atractivo atópase nos vestíbulos das Escolas de Minas e Industriais, onde as empresas participantes poden ter unha relación próxima cos universitarios, recollendo currículos e tendo unha comunicación directa, axilizando así unha posible vía de contratación. Outras vías de contacto son os workshops, onde a realización de diversas actividades permitirá ver as aptitudes dos participantes e as conferencias, onde se realizan presentacións técnicas dos seus produtos e/ou servizos.

Cada ano publícase unha revista do evento con toda a información sobre as actividades ofertadas e as empresas participantes, a cal estará ao dispor de todos os asistentes.

+INF.: Web Foro Tecnolóxico