A transición enerxética precisa cada vez máis de recursos minerais para facer realidade os proxectos renovables, o almacenamento e as tecnoloxías limpas. Galicia conta cunha longa tradición mineira e cun sector enerxético en pleno crecemento, dúas realidades que deben camiñar da man para acadar unha transición sostible e con valor engadido para o territorio.
Nesta xornada poñeranse en común as necesidades e oportunidades que comparten ambos sectores, desde o papel das materias primas nos proxectos enerxéticos ata o impacto que estes teñen na actividade mineira. Ademais, abordarase un tema clave: a formación de novos profesionais especializados, imprescindibles para afrontar os retos técnicos e ambientais do futuro. A xornada está organizada por Cluergal, en colaboración coa Xunta de Galicia.
Programa provisional:
09:30 · Café de benvida
10:00 · Apertura institucional
- José Ramón Franco | presidente de Cluergal
- Pablo Fernández Vila | director xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia
10:20 · Mesa debate: Necesidades de materias primas para os proxectos enerxéticos.
- Celso Penche | Cobre San Rafael
- José Luis Corbacho | Samca
- María Modino | Áridos do Mendo
- Cecilia Trancón | Cámara Mineira de Galicia
11:00 · Mesa debate: A importancia do desenvolvemento de proxectos enerxéticos para a minería.
- Aitor Puente | Asociación Galega de Áridos (Arigal)
- Carlos Martínez Torres | Recursos de Galicia (RDG)
- José Ángel Lorenzo | Clúster do Granito de Galicia
11:40 · Café networking
12:20 · Mesa debate: Necesidades formativas: enxeñeiros de minas no ámbito enerxético.
- Elena Alonso | Directora da Escola de Enxeñeiros de Minas e Enerxía, Universidade de Vigo
- Juan Ricoy | Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas
- Amadeo Laforga | Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas
Modera: Arantxa Prado | Cámara Mineira de Galicia
13:00 · Ponencia: Autoconsumo, eficiencia enerxética e CAEs no sector mineiro.
- Diego Casal Ramos | subdirector xeral de Recursos Minerais da Xunta de Galicia.
13:30 · Peche.
A asistencia é libre e gratuita, máis é necesario inscribirse por medio do seguinte formulario de inscrición:
INSCRICIÓN