O 23 de abril de 2026, desde as 11 da mañá, terá lugar a III Semana de portas abertas virtual para resolver as dúbidas concretas sobre os graos que conforman a oferta académica da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Para iso, profesorado destas titulacións fará exposicións sobre os graos e atenderá as cuestións do estudantado para definir o seu futuro académico.
Esperamos que, despois de coñecer máis de preto as posibilidades de estudos da nosa Escola, sexa máis fácil tomar unha decisión tan importante coma elixir unha titulación na que poder desenvolver as capacidades e habilidades da persoas interesada.
Para participar na Semana de portas abertas virtual só é necesario premer na ligazón de máis arriba (na zona gris), ou no botón de abaixo, e escribir o teu nome no apartado de alumnado unha vez accedas á sala.
ACCESO Á SALA
Esta actividade está enmarcada Semana de Portas Abertas Virtual que leva adiante o conxunto da Universidade de Vigo.