Xornada: A muller na profesión de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Unha mirada dende a experiencia persoal

O día 25 de outubro terá lugar na Sala 1 do edificio Miralles da Universidade de Vigo a xornada “A muller na profesión de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Unha mirada dende a experiencia persoal”.

Está organizada pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e financiada pola Unidade de Igualdade. Duante esta xornada debaterase sobre os problemas que se atopan as mulleres enxeñeiras para acceder e desenvolver a súa profesión no campo da enxeñaría de minas e enerxía.

Inscricións: Desde o 25 de setembro ata o 18 de outubro en formulario
Contacto: eme@uvigo.es | 986 811 922

Programa