A concesión da Acreditación Institucional para un centro universitario supón unha simplificación do procedemento de renovación da acreditación dos seus títulos, xa que os centros que a posúen renovan a acreditación de todas as súas titulacións de grao e máster oficiais sen necesidade de someterse ao procedemento convencional de avaliación externa.
O xoves 13 de novembro terá lugar unha visita da comisión de avaliación para a renovación da Acreditación Institucional da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Estará formada por seis persoas, todas ela alleas ao noso centro e á propia Universidade de Vigo.
A comisión terá audiencias con representantes dos diferentes grupos de interese e tamén haberá unha audiencia pública, aberta a calquera persoa interesada en achegar a súa visión respecto ao centro, que non tivese sido convocada a ningunha das audiencias anteriores.
Nesta táboa pode consultarse a axenda da visita
