1.- Que é? Con motivo da festividade de Santa Bárbara, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o 5 de decembro de 2025 ás 12:00h celebrarase a XV Carreira Popular Santa Bárbara organizada pola Delegación do Alumnado da escola.
2.- Quen pode participar? A carreira está aberta ás persoas da comunidade universitaria e tamén ás persoas externas (maiores de idade).
3.- Distancia e circuíto. O percorrido ten unha lonxitude total aproximada de 5000 m polo circuíto de terra do campus Lagoas – Marcosende. A saída do circuíto será na parte sur do mesmo, e en sentido horario.
4.- Como inscribirse? As inscricións efectuaranse exclusivamente a través da web do Campus Activo. O prazo estará aberto ata as 23:59 h do mércores 3 de decembro.
5.- Achega solidaria. Para participar cómpre achegar 1 kg de alimento non perecedoiro o mesmo dia da proba. Esta realizarase na liña de meta no momento da recollida de dorsais.
6.- Acreditación e recollida de dorsais. A recollida poderán recollelo o mesmo día da carrera, ata 20 minutos antes do comezo, igual que as camisetas e sempre depositando o kilo de comida.
7.- Premios e agasallos. Entregarase unha camiseta conmemorativa a todas as persoas participantes ademais dun trofeo ás 3 primeiras persoas clasificadas nas diferentes categorías: internos masculinos, externos masculinos, internas femininas e externas femininas (a Universidade de Vigo)
8.- Outra información de interese. As persoas participantes poderán empregar os vestiarios adxacentes para mudarse antes e despois da proba.
9.- Máis información e contacto