III Xornada “A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais”
Unha mirada desde a experiencia persoal
Xornada presencial e en liña. Neste último caso, enviarase a ligazón para conectarse despois de realizada a inscrición.
Obxectivos da xornada:
Este evento dá continuidade ás xornadas celebradas nos anos 2019 e 2022, e ten como obxectivos:
• Divulgar e formar na posibilidade de traxectorias profesionais diversas a partir dunha formación inicial de grao en enxeñaría.
• Presentar un análise da realidade actual da situación laboral da muller nas profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais así como da importancia da transición enerxética sostible e a súa relación coas materias primas.
• Difundir a importancia da incorporación das mulleres enxeñeiras en postos de responsabilidade tanto nas empresas como no sector público.
Esta actuación está encadrada dentro das actividades de igualdade que se desenvolven na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e está financiada en parte con unha axuda de sensibilización con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo.
Programa
09:00-09:30h Acreditación das persoas participantes, benvida e presentación da xornada
09:30-10:00h Elena Alonso Prieto, Directora da EEME
Introdución da xornada e presentación dos datos principais da situación profesional das mulleres no ámbito STEM
10:00-11:00h Cecilia Trancón Loureiro, presidenta de la Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) e directora xeral de Caolíns de Vimianzo (CAVISA).
Situación profesional da minería en Galicia. Transición enerxética e materias primas.
11:00 -11.30h Pausa para café
11:30-12:30h Nuria Antonio Fontán, Responsable de calidade, prevención e medioambiente na Fundación Centro Tecnolóxico do Granito.
Da extracción a elaboración: calidade, prevención e medioambiente na industria do granito.
12:30 -13:30h Uxía Alonso Sanmartín, Galaicontrol.
A minería da lousa: do deseño á explotación.
13:30-14.00h Rolda de preguntas
14:00-15:30h Pausa para a comida
15:30-16:30h Mª José Herrero Vegas, Construction Manager.
Desempeño profesional en proxectos nacionais e internacionais, análise con perspectiva de xénero.
16:30-17:30h Nuria Mouronte Baltar, Zabala Innovation Consulting.
Perspectivas da profesión desde as novas titulacións: da universidade á empresa.
17:30-18:30h Eva Méndez Araujo, ITG.
Como afrontar cambios profesionais e construír unha carreira acorde con quen es.
18:30-19:00h Conclusións e peche da xornada.