II Feira de minerais de Vigo

Na II Feira de minerais de Vigo participan catorce expositores de minerais, xemas, fósiles e xoiaría.

Alén da parte expositiva o encontro ofrece diversas charlas e obradoiros. Unha das destacadas conferencias é a que imparte o paleontólogo Juan Carlos Escudero sobre a extinción dos dinosaurios.

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía participa organizando obradoiros de cristalografía e mineraloxía, e identificación de minerais. Tamén, o Grupo Mineralóxico e Xeolóxico Galego (GMXG) organiza un obradoiro de identificación de fósiles.

A entrada é gratuita.