A XVI Olimpiada de Xeoloxía está convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos e se celebrará na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e noutras cidades galegas de forma simultánea: A Coruña (Xeoparque de Cabo Ortegal), Lugo (Edificio da Deputación), Santiago e Vigo. O prazo para a inscrición estará aberto entre o 20 de novembro e o 20 de decembro de 2024.
Colaboran nesta edición da Fase Galega a Consellería de Educación, as Facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, e a EME de Vigo, así como a Deputación de Lugo e o Xeoparque do Cabo Ortegal.
A Escola recibirá 112 estudantes de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, dos seguintes centros: IES Johan Carballeira, IES A Guía, Primeiro de Marzo, IES Plurilingüe Terra de Turonio, IES de Soutomaior, IES Salvaterra do Minho, IES Ribeira do Louro, IES Mendiño, IES Politécnico de Vigo, IES Teis, CPI Cova Terreña, IES República Orienta de Uruguai, IES Sampoaio Tui, IES Illa de San Simón e IES Coruxo. Ao longo do día os alumnos e alumnas enfrontaranse a un exame teórico e unha proba práctica, unha xincana xeolóxica.
En paralelo á realización das probas da Olimpíada a Escola organiza actividades guiadas para as persoas participantes que versarán sobre diferentes ámbitos nos que o coñecemento da xeoloxía é un recurso necesario. As actividades están impartidas por PDI vinculado á Escola e son as seguintes:
1. Paleo 3D
2. Enxeñaría de materiais
3. Intelixencia Artificial para o recoñecemento de minerais
A xornada finaliza coa publicación de resultados. A clausura será sobre as 18:00 horas cun acto de entrega de premios e diplomas de participación.
A preparación de alumnado para a Olimpíada de Xeoloxía, fase galega, será recoñecida con 15 horas de innovación e/ou investigación educativa para o profesorado, 25 horas máis no caso de pasar á fase española.
Para máis información sobre as bases, inscricións e criterios de puntuación, consultar a web da AEPECTGALICIA.